martes, 12 de decembro de 2017

Para un xoguete usar...



Cortamos as imaxes en grupos e clasificámolas por categorías para confeccionar o noso mural.


Pensamos en qué se necesita para usar un xoguete, e concluimos poñer o título:

Para un xoguete usar, śo as ganas vas precisar.






A  motivación e atracción que cause o xoguete, a curiosidade, é o motor que nos leva a usalo, por iso propoñemos: Explora, Proba e Comparte!





martes, 28 de novembro de 2017

Con qué podemos xogar?

Primeiro conversamos sobre os xoguetes que teñen na aula e o seu uso. Preguntamos: ¿a quen lle gusta xogar con...? Identificamos que en xeral a todos lles gusta xogar con todo. Nenas que confirman gustarlle os coches e as pezas de construción, nenos que adoran a cocinita e as bonecas. 

Logo observamos diferentes catálogos de xoguetes da actual campaña de NADAL 2017: Imaginarium, ToyPlanet, EurekaKids, El Corte Inglés...




Buscamos por xoguete a ver quen atopa anuncios con ese xoguete e logo analizamos se aparece o xoguete só ou quen aparece usando o xoguete. Preguntamos por qué non aparece neno ou nena xogando con eso que se anuncia se no cole hai nenos e nenas que o fan. Empezan a falar tamén dos anuncios da tele e corroboran que non aparecen sempre os dous sexos.  

A maioría de catálogos exclúen un dos dous sexos para determinados xoguetes mentres que só dous amosan ambos sexos e incluso maior diversidade a nivel de idade e etnia.