mércores, 27 de xuño de 2018

Non todo é o que parece! Sabías que ?

 A parte final do traballo das series consistía en tentar responder a estas preguntas coa axuda de Internet e descubrir curiosidades con respecto ao proceso de realización dunha serie de debuxos e todo o que hai detrás.




venres, 20 de abril de 2018

En busca das pistas


Para estimular a investigación máis a fondo das series retamos ao alumnado a un xogo de pistas ideado para 2 días, para atopar primeiro, o código para descrifrar as dúas series que lles tocaría investigar e en segundo lugar as fotos desas series.




Usando o plano do cole cada grupo tiña que atopar o papel da cor correspondente e unha vez atopado tentar descifrar as letras perdidas para compoñer os títulos das series.





Unha vez escritos os títulos, deixar o sobre  no buzón e agardar...para no seguinte día buscar as fotos noutro lugar diferente do cole.








Pasaron moi bo rato con este xogo, desde o momento en que recibiron as cartas-sobres nas aulas ata o final do xogo. Interpretaron moi ben o plano e axiña atoparon o que tiñan que atopar.








martes, 10 de abril de 2018

Que aprendo cos debuxos?






Na liña de seguir indagando o que aprendemos coas personaxes protagonistas continuamos co traballo das series escollidas utilizando os datos da táboa da enquisa de consumo e as ilustracións e palabras que reflicten a visión dos nenos destas 12 series que ven na TV. Así confeccionamos este mural do número de espectadores que cada serie ten.



Ademais aproveitamos o material do noso xogo de TV para colocar na parede xunto ao mural e ambientar o noso corredor exposto a que todos os que pasen por alí lean a información.





venres, 6 de abril de 2018

Revista Escolar Andaina


 Facemos unha páxina para a Revista Escolar Andaina do noso centro que se publicará en maio resumindo parte do traballado ata agora no abeiro do PLAN Galicons . Dado o tamaño reducido da páxina tentamos sintetizar ó máximo e seleccionar algunha das moitas fotos que tiñamos das actividades.

xoves, 5 de abril de 2018

Obradoiro Escola Galega De Consumo


Hoxe recibimos a visita de tres docentes da Escola Galega de Consumo para levar a cabo o Obradoiro: Traballando a Igualdade a través da Publicidade.

Distinguimos o que era un xoguete do que non o era e lembramos as formas que existen para anunciar un produto.

        Aprendemos a identificar elementos da linguaxe publicitaria, a recoñecer símbolos que nos axudan a entender o que imos consumir, e a comparar o que nos ofrecen nos anuncios co que obtemos unha vez mercados os produtos descubrindo que moitas veces nos enganan.
Logo elaboramos as nosas propias variñas máxicas con material escolar e de refugallo. Pasámolo moi ben creando xuntos.






xoves, 22 de marzo de 2018

Quen é quen?

Ao longo de marzo, a partir das 12 series e do xogo de memory, xogamos a repartir as tarxetas entre os nenos , e unha vez dispersos no espazo, atopar a o compañeiro que tivese a mesma.



Despois, co listado de palabras que os nenos de 5 anos escolleron fixemos un xogo de adiviñas cos de 3 e 4 anos, para ver si lendo esas 3 palabras eran capaces de saber a que serie nos referíamos.





 
Tras a lectura a parella que tivese esa personaxe debía levantar as súas tarxetas e logo sair fora ao patio buscar a imaxe a todo color.







Finalmente nas mesas debuxaron cooperativamente as personaxes que lles tocaran.







martes, 13 de marzo de 2018

Xogo da Tv: que botan hoxe?


Facemos tamén unhas ruletas . A ruleta dos canais con un total de 9 canais. A ruleta das series, con algunhas das más significativas en función dos resultados da enquisa de consumo feita nas aulas.


 
Elaboramos dous sobres: un coas iconas dos canais e outro cos números do 1 ao 9, para colocar na nosa tele en función do resultado da ruleta.


 Os nenos xogan en pequenos grupos de 6 alumnos, repartindo as funcións.






















Un xira a ruleta do canal, outro encende a tele co mando apretando o botón do canal escollido, outro coloca na pantalla a icona, outro coloca o número dese canal, outro xira a ruleta dos debuxos e outro busca na caixa das imaxes, a que corresponde coa serie.