xoves, 22 de marzo de 2018

Quen é quen?

Ao longo de marzo, a partir das 12 series e do xogo de memory, xogamos a repartir as tarxetas entre os nenos , e unha vez dispersos no espazo, atopar a o compañeiro que tivese a mesma.



Despois, co listado de palabras que os nenos de 5 anos escolleron fixemos un xogo de adiviñas cos de 3 e 4 anos, para ver si lendo esas 3 palabras eran capaces de saber a que serie nos referíamos.





 
Tras a lectura a parella que tivese esa personaxe debía levantar as súas tarxetas e logo sair fora ao patio buscar a imaxe a todo color.







Finalmente nas mesas debuxaron cooperativamente as personaxes que lles tocaran.







martes, 13 de marzo de 2018

Xogo da Tv: que botan hoxe?


Facemos tamén unhas ruletas . A ruleta dos canais con un total de 9 canais. A ruleta das series, con algunhas das más significativas en función dos resultados da enquisa de consumo feita nas aulas.


 
Elaboramos dous sobres: un coas iconas dos canais e outro cos números do 1 ao 9, para colocar na nosa tele en función do resultado da ruleta.


 Os nenos xogan en pequenos grupos de 6 alumnos, repartindo as funcións.






















Un xira a ruleta do canal, outro encende a tele co mando apretando o botón do canal escollido, outro coloca na pantalla a icona, outro coloca o número dese canal, outro xira a ruleta dos debuxos e outro busca na caixa das imaxes, a que corresponde coa serie.







martes, 6 de marzo de 2018

Encendemos a tele


Para seguir falando dos nosos hábitos construimos unha TV e uns mandos con material de refugallo. Falamos de se memorizan o número do seu canal favorito e moitos xa saben dicir cal é e o poñen sós nos mandos da súa casa.






xoves, 1 de marzo de 2018

Analizando as personaxes

Para traballar manipulativamente as series seleccionadas ademais das tarxetas plastificadas que xa tiñamos, fixemos un xogo de memory que nos permitiu  analizar en detalle o que representan, onde viven, con quen, que fan, que comen, que visten, se teñen problemas e en tal caso como os resolven, etc.







Pedimos escoller 3 palabras para cada serie e anotamos esas palabras para continuar noutra sesión e gardar ese material.