martes, 23 de xaneiro de 2018

Que nos agasallaron este Nadal?

Á volta do nadal, os titores na asamblea preguntaron ó alumnado cal fora o agasallo preferido do que recibiron no Nadal , pedindo escoller só un, e preguntando se fora pedido por eles ou sorpresa.

Decidimos construir unha táboa para rexistralo usando debuxos representativos de categorías de xogo e os símbolos dos dous sexos e imaxe dos corpos sen atributos nin accesorios que acabaron de completar o propio alumnado.






Con esas anotacións, cada neno puxo unha pegatina da cor da súa aula e no recadro correspondente en función do sexo e o xoguete que escollera.





Logo escribimos os nomes das categorías e realizamos o conteo para poder sumar e sacar conclusións.





 Nas nenas as categorías nas que más xoguetes houbo foi: bonecos.

Nos nenos as categorías maioritarias: ferramentas e coches.

Na suma de ambos sexos a categoría maioritaria foi: deportes e lecer.