martes, 27 de febreiro de 2018

Asociando ideas


Fixemos un xogo de adiviñar sintonías dalgunhas das series que fomos detectando eran populares e efectivamente foron capaces de adiviñar os primeiros minutos de sintonía de inicio dos capítulos sendo capaces de tararear e cantar con emoción as cancións ou frases da serie.




 Tamén xogamos a discernir e clasificar as personaxes en animal, persoa ou ser fantástico. Comparamos os lugares nos que transcorren as historias das series, e onde habitan.





xoves, 22 de febreiro de 2018

Enquisa de consumo de debuxos animados

Elaboramos unha táboa para poder rexistrar cantos nenos ven cada unha das 36 series da mostra que lles ofrecemos na pantalla dixital. Isto permite comparar por grupos de idades, observando a tendencia a que a maior idade, maior número de series recoñecen, e observar cales son as máis populares.

Unha vez que todos os grupos remataron este foi o resultado:



Logo trasladamos a un mural o máis representativo desta enquisa. Decidimos quedarnos con 12 series para analizar e tivemos en conta o total do consumo pero tamén a proporción de cada grupo que vise esa serie, xa que algunhas tiñan resultados altos por ser moi vistas nos grupos de 5 anos, pero non era indicativo para os de 3 anos. Aplicando os criterios as 12 escollidas foron:

CAILLOU
BEN Y HOLLY
PEPPA PIG
PATRULLA CANINA
DINOTRUX
FUN BOY Y CHUM CHUM
JUAN Y TOLOLA
DOCTORA JUGUETES
DORA EXPLORADORA
BOB ESPONJA
LADY BUG
BAT PAT 


martes, 6 de febreiro de 2018

Isto que é?

 
Xogamos a adiviñar as iconas de 
diferentes canais de TV e as imaxes
dos protagonistas de varias series
infantís.

Aproveitamos para que falen sobre en qué momentos da semana, e do día, ven a TV e se o fan sós ou acompañados, se deciden eles o que ven , etc.




Dentro das múltiples series, para seleccionar as que amosar, baseime na programación horaria dos diferentes canais escollendo as que coinciden en horas punta nas que os nenos adoitan estar na casa. Ademais as pertenzas (prendas, mochilas, carpetas, tuppers)   dos nenos e nenas son moi indicativas dos ídolos televisivos.


xoves, 1 de febreiro de 2018

Interpretamos os resultados para pensar

Elaboramos de maneira individual unha ficha que recolla os datos da táboa que colgamos no corredor para ter unha copia física e ser conscientes dos resultados. Repasamos os números e  comparamos cal é maior en cada fila (categoría) para rodealo marcalo ou colorealo.