Hoxe recibimos a visita de tres docentes da
Escola Galega de Consumo para levar a cabo o Obradoiro:
Traballando a Igualdade a través da Publicidade.
Distinguimos o que era un xoguete do que non o era e lembramos as formas que existen para anunciar un produto.
Aprendemos a identificar elementos da linguaxe publicitaria, a recoñecer símbolos que nos axudan a entender o que imos consumir, e a comparar o
que nos ofrecen nos anuncios co que obtemos unha vez mercados os
produtos descubrindo que moitas veces nos enganan.
Logo elaboramos as nosas propias variñas máxicas con material escolar e de refugallo. Pasámolo moi ben creando xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario